Actos homenaxe Johan Carballeira
Evento xa rematado
-
Data
17 abril, 2025
-
Hora
12:30 pm - 2:00 pm
-
Banda do Río
Rúa Banda do Río
Coincidindo coa celebración do 88º aniversario do fusilamento de Johan Carballeira, o Concello de Bueu e a Asociación de Amigos de Johan Carballeira organizan unha homenaxe que se desenvolverá o xoves 17 de abril.
Ese día, ás 12.30 horas celebrarase a habitual ofrenda floral xunto ao monumento dedicado a Carballeira e que se sitúa na entrada da praia da Banda do Río. Alí, as persoas asistentes lembrarán a este home, que foi alcalde de Bueu antes do golpe de estado do 1936, amais de poeta e xornalista sempre a favor das causas xustas. No monumento depositarase un ramo de flores que lembra o seu fusilamento acontecido o 17 de abril de 1937 no monte da Caeira, en Poio, no mesmo día que outros veciños da vila, caso de Avelino Chapela Soliño e Manuel Chapela Couso, canteiros de A Portela, e Manuel Graña Pouseu, líder do sindicato CNT en Bueu.
No acto participarán o historiador Xosé Álvarez Castro e a violinista Lía Vilas.