Actividades medioambientais Cabo Udra: roteiro «Animais e rastros»
-
Data
20 octubre, 2024
-
Hora
11:30 am - 1:00 pm
O Concello de Bueu continúa este mes de outubro con novas propostas de actividades medioambientais para todas as idades e que se organizarán na Aula da Natureza de Cabo Udra e na súa contorna. O programa conta co financiamento do GALP Ría de Pontevedra e lévase a cabo, ao igual ca en todo o verán, pola Asociación Alados, especializada no coidado da natureza, con obradoiros, rutas, charlas e xornadas didácticas.
O 20 de outubro desenvolverase o roteiro “Animais e rastros”, que terá lugar ás 11.30 horas e no cal se fará unha exploración da contorna no que se realizará unha achega e introdución ás especies de fauna terrestre máis emblemáticas e características dos nosos montes, ademais de introducir á técnica de seguimento e sinais de animais.
Os datos da actividade son os seguintes:
- Data: Domingo 20/10
- Duración: 1 h e media
- Horario: De 11:30 a 13 h
- Punto saída: Aparcadoiro Praia de Mourisca, Bueu
- Destinatarios: Tódolos Públicos. Menores a partir de 7 anos.
- Aforo: 25 participantes
- INSCRICIÓNS