Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Actividades medioambientais Cabo Udra: roteiro ambiental «As aves»

O Concello de Bueu continúa este mes de outubro con novas propostas de actividades medioambientais para todas as idades e que se organizarán na Aula da Natureza de Cabo Udra e na súa contorna. O programa conta co financiamento do GALP Ría de Pontevedra e lévase a cabo, ao igual ca en todo o verán, pola Asociación Alados, especializada no coidado da natureza, con obradoiros, rutas, charlas e xornadas didácticas.

O 26 de outubro, ás 11 horas, terá lugar o roteiro ambiental sobre as aves, no que se observarán as aves típicas deste espazo natural costeiro protexido declarado como ZEC-Cabo Udra, Rede Natura 2000 e LIC.

Os datos da actividade son os seguintes:

CANDO:  Sábado 26 de Outubro

Horario: 11 a 12,30 h

Lugar de quedada: Aula da Natureza de Cabo Udra (Bueu)

Actividade Apta para tòdolos públicos. 

Nenos a partir de 8 anos. 

INSCRICIÓNS