Actividades medioambientais Cabo Udra: obradoiro infantil «Biodiversidade de Udra»
-
Data
26 octubre, 2024
-
Hora
5:00 pm - 6:30 pm
O Concello de Bueu continúa este mes de outubro con novas propostas de actividades medioambientais para todas as idades e que se organizarán na Aula da Natureza de Cabo Udra e na súa contorna. O programa conta co financiamento do GALP Ría de Pontevedra e lévase a cabo, ao igual ca en todo o verán, pola Asociación Alados, especializada no coidado da natureza, con obradoiros, rutas, charlas e xornadas didácticas.
O 26 de outubro, ás 17 horas, desenvolverase o obradoiro infantil “Biodiversidade de Udra”, que consiste nunha charla didáctica sobre os diferentes ecosistemas que conforman o ZEC- Cabo Udra e a importante fauna e flora neste. Ademais, tamén se elaborará un cadro colgable decorado con diferentes seres vivos que conforman a biodiversidade deste espazo.
Os datos da actividade son os seguintes:
- Data: Sábado 26 Outubro
- Duración: 1 h e media.
- Horario: 17 – 18,30 h
- Destinatarios: Público Infantil. Menores a partir de 4 anos.
- Aforo: 20 participantes
- Lugar: Aula da Natureza de Udra (Bueu)
- INSCRICIÓNS