Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Actividades Cabo Udra: Xornada de anelamento científico de aves

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza diversas actividades medioambientais na Aula da Natureza de Cabo Udra, que terán lugar ao longo do mes de setembro e que contan co financiamento do GALP Ría de Pontevedra.

O 14 de setembro, ás 18.30 horas, haberá unha nova xornada de anelamento científico de aves. Da man do anelador científico e doutor en bioloxía Jose Arcas, as persoas participantes introduciranse de xeito práctico nesta técnica de estudo de aves, grazas á cal aprenderán en que consiste, os obxectivos que persegue, así como a revisión das redes, como tomar datos das aves capturadas e unha introdución de xeito vivencial no mundo da ornitoloxía.

Os datos da actividade son os seguintes:

  • Data: Sábado 14 Setembro
  • Horario: A partir das 18,30 ata as 21  h
  • Destinatarios: Tódolos Públicos. Menores a partir de 8 anos.
  • Aforo: 15 participantes
  • Lugar: Aula da Natureza de Udra (Bueu)
  • Colaboración co Doutor en Bioloxía, Artista de Natureza e Anelador científico: Jose Arcas
  • INSCRICIÓNS