Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Actividades Cabo Udra: Paseo familiar «O Intermareal»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza diversas actividades medioambientais na Aula da Natureza de Cabo Udra, que terán lugar ao longo do mes de setembro e que contan co financiamento do GALP Ría de Pontevedra.

O domingo 8, ás 12.30, desenvolverase o paseo “O Intermareal”, unha actividade familiar de exploración do medio intermareal e investigación de charcas e sistemas rochosos intermareais e a diversa e valiosa fauna que o habita.

Os datos da actividade son os seguintes:

  • Data: Domingo 8/09
  • Horario: De 12,30 a 13,30 h
  • Destinatarios: Público Familiar. Menores a partir de 5 Anos
  • Aforo: 25 participantes
  • Lugar: Praia de Mourisca (Bueu)
  • INSCRICIÓNS