Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Gala da Muller

Evento xa rematado

  • O evento será no Centro Social do Mar ás 19.30 horas e contará con moitas actuacións musicais
  • A entrada custa 5 euros e a recadación destinarase a mulleres en situación de vulnerabilidade da vila

O Centro Social do Mar de Bueu acollerá o domingo 8 de marzo, ás 19.30 horas, a Gala da Muller, un evento solidario e festivo que organizan dende a Asociación de Mulleres Rurais Mar e Agro e que conta coa colaboración do Concello de Bueu, da Deputación de Pontevedra, da Federación de Mulleres de Pontevedra (FEMUPO) e doutras entidades privadas.

A gala comezará ás 19.30 horas e contará coas actuacións musicais de Mar García, José Cerviño, Coro María Soliña, Murga Tinta Femia, Cantareiras Madia Leva, Novos Ventos, Pandereteiras Quinta Ferreña de Beluso e Juan Emilio Padrón, mentres que Rubén Quintela será o presentador. As entradas custarán 5.00 € e a recadación desta gala destinarase a mulleres en situación de vulnerabilidade do noso concello a través do Centro de Información ás Mulleres e en forma de vales de compra.

As entradas venderanse o mesmo día do evento no Centro Social do Mar e tamén haberá fila cero para as persoas que queiran colaborar pero non poidan asistir.