1º Torneo de Fútbol a Pé do Concello de Bueu
Evento xa rematado
-
Data
7 junio, 2025
-
Hora
9:00 am - 2:00 pm
- A xornada terá lugar de 9.00 a 14.00 horas no Campo de Fútbol de Bueu
O Campo de Fútbol Municipal de Bueu acollerá este sábado o 1º Torneo de Fútbol a pé do Concello de Bueu, unha proposta que nace dende a Asociación Fútbol a pé, coa colaboración do Concello de Bueu e do Club Deportivo Bueu.
O evento nace cunha vocación interxeracional e de convivencia entre varias xeracións, e nel poden participar tanto equipos como persoas de xeito individual e que se integrarían en equipos formados o mesmo día. A xornada abranguerá dende as 9.00 ata as 14.00 horas e despois haberá unha comida de confraternidade.
As inscricións poderán facerse en futbolapie@gmail.com ou no teléfono 610704450. Segundo avanzan dende a organización, os trofeos están elaborados pola Asociación de Persoas con Discapacidade Juan XXIII e entregaranse aos seis primeiros clasificados, ao mellor xogador, á mellor xogadora, ao mellor espírito de fútbol a pé, ao xogador máis veterán e un premio especial por interxeración.