Convocatoria pleno xuño 2026
A corporación municipal de Bueu celebra o 1 de xuño o pleno ordinario, que terá lugar ás 21.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial.
Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
1.Aprobación, se procede, da acta núm. 2026-0004 correspondente á sesión ordinaria do 13.04.2026.
2.Aprobación, se procede, do levantamento de reparo e do expediente de modificado do contrato de obras «Reforma Enerxética e Rehabilitación Integral do Pavillón de Beluso». Expediente 1388/2025.
3.Aprobación, se procede, da superación dos límites temporais e porcentuais aplicables aos gastos plurianuais para a adquisición da antiga Cámara Agraria de Bueu. Expediente 400/2025.
4.Aprobación inicial, se procede, da ordenanza reguladora do servizo de atención temperá (SAT) do concello de Bueu. Expediente 275/2026.
5.Aprobación inicial, se procede, da ordenanza reguladora do programa de apoio psicolóxico á/ao menor (SAPM) do concello de Bueu. Expediente 547/2026. 6.Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación definitiva, se procede, da segunda modificación puntual da RPT do concello de Bueu con modificación do cadro de persoal. Expediente 1998/2025.
7.Aprobación, se procede, do apoio á Asociación de Viticultores San Martiño de Bueu para a solicitude de declaración da Festa do Viño Tinta Femia de Cela como Festa galega de Interese Turístico. Expediente 1657/2026.
8.Aprobación, se procede, da moción dos GPM do BNG e do PSdeG-PSOE para a mellora do transporte público na comarca do Morrazo.
9.Aprobación, se procede, da moción do GPM do PP para a creación dunha sala de exposicións na futura Casa da Mocidade de Bueu.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
10.Dación de conta dos reparos de legalidade e omisións de fiscalización formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
11.Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
12.Dación de conta dos informes de control financeiro permanente de modificacións orzamentarias.
13.Actividade de control: Mocións urxentes.
C) ROGOS E PREGUNTAS