Convocatoria pleno setembro 2025
A corporación municipal de Bueu celebrará o 15 de setembro un pleno ordinario, que terá lugar ás 21.00 horas no salón de plenos.
Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
1.Aprobación, se procede, da acta núm. 2025-0008 correspondente á sesión ordinaria do 07.07.2025.
2.Aprobación, se procede, da acta núm. 2025-0009 correspondente á sesión extraordinaria urxente do 22.07.2025.
3.Aprobación provisional, se procede, da cesión de bens inmobles o IGVS. Expediente 720/2025.
4.Aprobación, se procede, da proposta de resolución do recurso de reposición interposto por COSITAL contra a aprobación definitiva do organigrama e RPT municipais. Expediente 1748/2025.
5.Aprobación provisional, se procede, da modificación dos artigos 4 e 5 da ordenanza fiscal núm. 3 reguladora do IVTM. Expediente 2078/2025.
6.Aprobación, se procede, da determinación dos festivos locais para o ano 2026. Expediente 2804/2025.
7.Moción do concelleiro non adscrito Daniel Chapela Durán sobre o monte. 8.Moción conxunta dos GPM do BNG e PSdeG-PSOE para solicitar a Xunta de Galicia un convenio para o financiamento do proxecto urbanización da Av. Pazos Fontenla, reposición de servizos e integración de sistemas baseados na natureza.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
9. Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria. 10.Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno. 11.Actividade de control: Mocións urxentes
C) ROGOS E PREGUNTAS