Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno outubro 2025

A corporación municipal de Bueu celebra o 6 de outubro o pleno ordinario, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
1.Aprobación definitiva, se procede, da memoria xustificativa da prestación do servizo de piscina municipal, proxecto de prezos e Regulamento de Réxime Interno (RRI). Expediente 1604/2024.
2.Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, fixación, se procede, da data para proceder á recepción dos traballos realizados no marco da segunda e última prórroga do contrato de servizos do Contrato do Servizo de Axuda no Fogar. Expediente 2134/2025.
3.Aprobación, se procede, da aprobación definitiva da desafectación de vehículos por deterioro grave como residuo. Expediente 640/2025.
4.Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da proposta de rectificación do acordo adoptado polo Pleno en sesión do 15.09.2025 de cesión de parcelas para vivendas de promoción pública. Expediente 720/2025.
5.Aprobación, se procede, da moción do GPM do PP para solicitar a paralización da proposta da suba da taxa por recollida do lixo na Mancomunidade do Morrazo.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
6.Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria. 7. Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno. 8.Dación a conta dos informes de control financeiro permanente de modificacións orzamentarias. 9. Actividade de control: Mocións urxentes.

C) ROGOS E PREGUNTAS