Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno ordinario febreiro 2026

A corporación municipal de Bueu celebrará o próximo luns, 2 de febreiro, o pleno ordinario, que terá lugar ás 20 horas no salón de plenos da Casa Consistorial.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
1.Aprobación, se procede, da acta núm. 2026-0001 correspondente á sesión ordinaria do 19.01.2026.
2.Aprobación, se procede, da moción do GPM do BNG relativa ás consecuencias para a frota artesanal de Bueu da entrada en vigor do regulamento de control da pesca da Unión europea.
3.Aprobación, se procede, da moción do GPM do PP sobre a necesidade de que o goberno de España flexibilice e adopte as obrigas establecidas no Regulamento Europeo de Control da Pesca á realidade operativa da nosa frota litoral e artesanal.
4.Aprobación, se procede, da moción dos GPM do BNG e PSdeG-PSOE para declarar institucionalmente o ano 2026 como «Ano José Suárez».
5.Aprobación, se procede, da moción dos GPM do BNG e PSdeG-PSOE pola mellora do servizo de Correos en Bueu.
6.Aprobación, se procede, da moción dos GPM do BNG e PSdeG-PSOE pola mellora do servizo do parque comarcal contraincendios.
7.Aprobación, se procede, da moción do concelleiro non adscrito Daniel Chapela Durán para a creación de bonos comercio.
8.Aprobación, se procede, da moción do concelleiro non adscrito Daniel Chapela Durán para a Illa de Ons.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
9.Dación de conta dos reparos de legalidade e omisións de fiscalización formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
10.Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
11.Dación de conta dos informes de control financeiro permanente de modificacións orzamentarias.
12.Actividade de control: Mocións urxentes.


C) ROGOS E PREGUNTAS