Convocatoria pleno novembro 2025
A corporación municipal celebra o 3 de novembro o pleno ordinario, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial.
Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
1.Aprobación, se procede, da proposta de levantamento do reparo e aprobación do convenio do proxecto Concellos Reto Demográfico + Renovables. Expediente 3428/2024.
2.Aprobación, se procede, da proposta de iniciación do expediente administrativo para a obra “Construción do novo parque urbano Lugris“. Expediente 3136/2025. 3.Aprobación, se procede, do calendario fiscal do concello de Bueu correspondente ao exercicio 2026. Expediente 3503/2025.
4.Aprobación, se procede, da moción do concelleiro non adscrito Daniel Chapela Durán sobre as melloras pendentes da Roza.
5.Aprobación, se procede, da moción do GPM do PP para solicitar a revogación do acordo da asemblea xeral da Mancomunidade do Morrazo para a modificación da ordenanza fiscal do servizo de recollida de lixo.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
6.Dación de conta do informe sobre morosidade e período medio de pagamento relativo ao 3º trimestre do exercicio 2025. Expediente 1453/2025.
7.Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria. Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
9.Dación a conta dos informes de control financeiro permanente de modificacións orzamentarias. 10. Actividade de control: Mocións urxentes.
C) ROGOS E PREGUNTAS