Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno marzo 2026

A corporación municipal de Bueu celebra o 2 de marzo o pleno ordinario, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos do Concello.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
1.Aprobación, se procede, da proposta de modificación da composición da mesa permanente de contratación do Pleno. Expediente 1094/2018.
2.Aprobación, se procede, da moción conxunta dos tres GMP e do concelleiro non adscrito con motivo do 8 de marzo, día internacional das mulleres 2026.
3.Aprobación, se procede, da moción do GMP do PP para a reparación urxente e plan integral das carreteras no concello de Bueu.
4.Aprobación, se procede, da moción do concelleiro non adscrito Daniel Chapela Durán sobre os desbroces.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
5.Dación de conta do acordo da XGL o 17.02.2026 en cuxa virtude se modifica a composición da mesa permanente de contratación da XGL.
6.Dación de conta da resolucion da alcaldía de aprobación da liquidación do orzamento do exercicio 2025. Expediente 369/2026.
7.Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
8.Dación de conta do informe de control financeiro permanente sobre o resumo anual do control interno no exercicio 2025. Expediente 457/2026.
9.Dación de conta dos reparos de legalidade e omisións de fiscalización formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
10.Dación de conta dos informes de control financeiro permanente de modificacións orzamentarias.
11.Actividade de control: Mocións urxentes.

C) ROGOS E PREGUNTAS