Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno maio 2026

A corporación municipal de Bueu celebra o próximo 4 de maio un pleno ordinario, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos.

Os asuntos da orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
1.Aprobación, se procede, da moción do GPM do PP para o recoñecemento do papel de mulleres referentes na historia de Bueu e a súa visibilización.
2.Aprobación, se procede, da moción conxunta dos GPM do BNG e PSdeG-PSOE para que a Xunta de Galicia constrúa un pavillón polideportivo en Cela.
3.Toma de razón do Nomenclátor de Galicia aprobado polo Decreto 7/2026 da Xunta de Galicia, que inclúe topónimos modificados do municipio de Bueu. Expediente 1361/2026.


B) ACTIVIDADE DE CONTROL

4.Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
5.Actividade de control: Mocións urxentes.

C) ROGOS E PREGUNTAS