Convocatoria pleno maio 2025
A corporación municipal de Bueu celebrará o 5 de maio un pleno ordinario, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial e no que se tratarán os seguintes asuntos:
A) PARTE RESOLUTIVA
1.Aprobación, se procede, da acta núm. 2025-0005 correspondente á sesión ordinaria do 07.04.2025.
2.Aprobación, se procede, do plan de igualdade do persoal e protocolo de prevención de acoso laboral, sexual e por razón de sexo. Expediente 2296/2023.
3.Aprobación, se procede, do proxecto básico e executivo para a construción do Novo Parque Urbano Lugrís. Expediente 494/2025.
4.Aprobación, se procede, da delegación de competencias do establecemento e modificación dos prezos públicos na Xunta de Goberno Local. Expediente 1394/2025.
5.Aprobación, se procede, da moción do GPM do PP para promover a construción dun aparcadoiro de titularidade municipal.
6.Aprobación, se procede, da moción do concelleiro non adscrito Daniel Chapela Durán para a pesca recreativa.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
7.Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria
8.Dación de conta do Informe resumo dos resultados do control interno da Intervención municipal.
9.Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
10.Actividade de control: Mocións urxentes.
C) ROGOS E PREGUNTAS