Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno extraordinario decembro 2025

A corporación municipal de Bueu celebra este venres, 19 de decembro, un pleno extraordinario, que terá lugar ás 17.00 horas no salón de plenos.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
1.Aprobación, se procede, da acta núm. 2025-0015 correspondente á sesión do 01.12.2025
2.Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, de convenio interadministrativo coa Deputación de Pontevedra para a mellora da seguranza viaria na EP 1306 que, trala execucion das obras, incorpora a cesión de viario provincial ao inventario municipal. Expediente 1053/2025.
3.Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, de inicio do procedemento de contratación de servizos para o funcionamento integral das instalacións da piscina municipal cuberta de As Lagoas. Expediente 3844/2025.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
Non hai asuntos


C) ROGOS E PREGUNTAS