Convocatoria pleno decembro 2025
A corporación municipal de Bueu celebra o próximo luns, 1 de decembro, o pleno ordinario, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial.
Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
1.Aprobación, se procede, da acta núm. 2025-0012 correspondente á sesión extraordinaria do 29.10.2025.
2.Aprobación, se procede, da acta núm. 2025-0013 correspondente á sesión ordinaria do 03.11.2025.
3.Aprobación, se procede, da acta núm. 2025-0014 correspondente á sesión extraordinaria do 24.11.2025.
4.Aprobación, se procede, da moción do concelleiro non adscrito Daniel Chapela Durán sobre o barrio de Petís.
5.Aprobación, se procede, da moción do GPM do PP para a mellora dos aparcadoiros disuasorios nas zonas urbanas e periurbanas.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
6.Dación de conta da aprobación de novas actuacións administrativas automatizadas (AAA) que se unirán as 12 xa preestablecidas. Expediente 204/2025 7. Dación de conta dos reparos de legalidade e omisións de fiscalización formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria. 8. Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
9.Dación a conta dos informes de control financeiro permanente de modificacións orzamentarias. 10. Actividade de control: Mocións urxentes.
C) ROGOS E PREGUNTAS