Convocatoria pleno abril 2025
A corporación municipal de Bueu celebra o luns 7 de abril un pleno ordinario, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.
Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
1.Aprobación, se procede, da acta núm. 2025-0004 correspondente á sesión ordinaria do 03.03.2025.
2.Aprobación, se procede, do proxecto de obra denominado “Reforma energética y rehabilitación integral del Pabellón polideportivo de Beluso”. Expediente 3433/2024.
3.Aprobación inicial, se procede, da Ordenanza de atención á cidadanía e administración electrónica do Concello de Bueu. Expediente 204/2025.
4.Aprobación provisional, se procede, da modificación do artigo 4.bis (bonificacións) da Ordenanza fiscal núm. 4 reguladora do ICIO. Expediente 829/2025.
5.Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, do cambio de titularidade a prol do Concello de Bueu de dous treitos da estrada EP – 1301 Alto da Portela – Beluso. Expediente 1129/2025.
6.Aprobación, se procede, da moción do GPM do PP para a solicitude dos baixos das novas vivendas de protección oficial como oficinas de titularidade municipal.
7.Aprobación, se procede, da moción do concelleiro non adscrito Daniel Chapela Durán para a actuación na contorna da Rúa Don Juan Veiga Alfonso e Staffan Mörling.
8.Aprobación, se procede, da moción do concelleiro non adscrito Daniel Chapela Durán para o apoio dos autónomos e as PEMES.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
- Actividade de control: Mocións urxentes.
C) ROGOS E PREGUNTAS