Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Achega de suxestións cidadás para ter en conta no concurso de ideas.

O Concello de Bueu convoca en colaboración co COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia) un concurso de ideas para contratar un Plan Director para a mellora do Barrio da Banda do Río, concurso aberto a profesionais de distintas disciplinas.
Entendendo que as aportacións veciñais e cidadás son fundamentais para que as persoas concursantes coñezan mellor as características do barrio, e o que pensa a veciñanza sobre o lugar no que vive, abrimos esta canle de comunicación co obxectivo de recoller o pensamento das persoas interesadas en aportar calquera tipo de documento, fotografía, comentario sobre o barrio. Toda esta documentación porase a disposición das persoas concursantes para que lles guíe na confección das súas propostas.

ANÍMATE E COLABORA NESTE IMPORTANTE PROXECTO. BUEU ESPAZO PARA A XENTE.