Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APARCADOIROS PÚBLICOS

Acceder ao plano esquemático en PDF de aparcadoiros públicos.

Pode acceder á localización en Google Maps, de cada aparcadoiro, pulsando no número do aparcadoiro no plano en PDF.

Agora en Bueu

Imáxes de actualidade

📣🎨📌 FESTIVAL ARTÍSTICO E SOLIDARIO 'ART FOR CHANGE'

☑️ A vila de Bueu vivirá o próximo sábado, 27 de abril, un día ateigado de ciencia e arte, pois o IES Johan Carballeira e o Concello de Bueu promoven o III Festival Artístico Solidario ‘Art for Change’, no que colabora toda a comunidade educativa, as asociacións de nais e pais da vila, os centros educativos e diversos colectivos da comarca. 

☑️ Ao longo de toda a xornada estenderanse na Biblioteca Municipal Torrente Ballester e no Parque Ramal dos Galos as actividades a través das cales se achegará a ciencia e a arte aos diversos sectores da cidadanía, e coas que tamén se recadarán fondos para as asociacións Amencer de Pontevedra, dedicada á parálise cerebral, e A Illa dos Ratos de Cangas, que organizan rutas pola contorna.

☑️ Este xoves celebrouse no Parque Ramal dos Galos a rolda de prensa de presentación do evento, na que participaron alumnas de 4º de ESO do IES Johan Carballeira, as direccións dos centros educativos da vila, representantes das anpas, Carmen García, concelleira de cultura, e Alberto Moital, edil de patrimonio.

Na nosa web contámosvos todos os detalles (Ligazón na BIO)
📣📍 Cambio de ubicación das Ghallufadas!

☑️ Esta fin de semana celebramos en Bueu unha nova edición das Ghallufadas, o evento de promoción dos xogos de mesa e de rol e no que teremos unha ampla variedade de propostas e de charlas.

☑️ O evento estaba previsto que se celebrase na Biblioteca Municipal Torrente Ballester, onde finalmente non poderá ser dado que o Concello non dispón aínda da entrega das obras. Polo tanto, trasladarémonos ás salas da Piscina Municipal de As Lagoas.

Podedes ver o programa e toda a información na nosa web (ligazón na BIO)
📣🕹️ Volvemos coas Ghallufadas!

Debido ao gran éxito colleitado o ano pasado, o Concello de Bueu organiza novamente as xornadas Ghallufadas, que servirán de escaparate para os xogos de rol durante a fin de semana do 19 ao 21 de abril na Biblioteca Torrente Ballester de Bueu, un espazo recentemente rehabilitado e ao que o goberno local quere dar un impulso con novas propostas.
Carmen García, concelleira de cultura e mocidade, e Xosé Leal, edil de facenda, estiveron onte presentando o evento canda algúns participantes.

Na web tedes xa a programación completa (ligazón na BIO)
♀️ 8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES ♀️

Este 8 de marzo, e todos os días do ano, nin un paso de atrás na defensa da igualdade. 

Como dicía Simone de Beauvoir “non esquezades xamais que bastará unha crise politica, económica ou relixiosa para que os dereitos das mulleres volvan ser cuestionados. Estes dereitos nunca se dan por adquiridos, así que deberedes permanecer vixilantes toda a vosa vida”.
👨‍🍳🍲😋 II XORNADAS GASTRONÓMICAS EN FEMININO BUEU 

Este xoves comezan as II Xornadas Gastronómicas en Feminino, organizadas polo Concello de Bueu e a Asociación de Hostalaría da vila, coa colaboración da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo).

♀️ Con ela reivindicamos o papel das mulleres cociñeiras, e tamén poñemos en valor a nosa hostalaría local.

🏆 Xa este xoves podedes comezar a degustar as tapas dos 16 locais participantes, e tamén vos convidamos ao acto de homenaxe a Toñi Vicente, que se celebrará ás 18.30 no salón de plenos do Concello, e despois presentaremos canda á Libraría Miranda o libro “A miña cociña”.

Toda a info na web:

https://concellodebueu.gal/2-xornadas-gastronomicas-en-feminino/
🥳Así foi a queima do Paxaro de Mal Agoiro este domingo na praia da Banda do Río!!

Onte enfrontámonos á chuvia e pechamos o Entroido de Bueu 2024!