Aprobación inicial da modificación da ordenanza municipal reguladora do uso e desfrute das praias
O 04.05.2026 o Pleno da corporación municipal de Bueu acordou aprobar inicialmente a modificación dos artigos 15 e 20 da Ordenanza municipal reguladora do uso e desfrute das praias.
Así mesmo abrir un trámite de información pública e audiencia mediante a publicación dun anuncio no taboleiro municipal e no BOPPO, durante 30 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOPPO, para que as persoas interesadas presenten as alegacións, reclamacións ou suxestións que consideren oportunas.
Publicar asemade o acordo de aprobación inicial e a memoria de análise do impacto normativo no portal de transparencia.
No caso de que non se presenten reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón inicial, publicando no BOP o acordo definitivo incluíndo o inicial elevado automaticamente a tal categoría co texto da Ordenanza, sen que entre en vigor ata que se leve a cabo a devandita publicación e transcorra o prazo de 15 días hábiles do artigo 65.2 LRBRL.