Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APARCADOIROS PÚBLICOS

Acceder ao plano esquemático en PDF de aparcadoiros públicos.

Pode acceder á localización en Google Maps, de cada aparcadoiro, pulsando no número do aparcadoiro no plano en PDF.

Agora en Bueu

Imáxes de actualidade

📣 OPERATIVO ALERTA LARANXA POR CHUVIAS

O Concello de Bueu prepárase dende primeira hora desta mañá para as fortes chuvias que se prevén este mércores e xoves debido á alerta laranxa activada. 

Félix Juncal, alcalde da vila, convocou hoxe unha reunión na que estiveron presentes tamén Isabel Quintás, tenente de alcaldesa, o capataz municipal, e a xefa do servizo de FCC Aqualia, con vistas a organizar o operativo para as próximas horas, e que actuará en varias frontes críticas e con cuestións que se activaron en anos anteriores, como é o caso do levantamento de tapas e sumidoiros e a colocación ao lado dos mesmos duns sacos de area para sinalizalos.

👆 Toda a información na nosa web (ligazón na BIO)
💻📧 OBRADOIROS DE COMPETENCIAS DIXITAIS PARA MULLERES

O Concello de Bueu e a Fundación Esplai, co financiamento da Consellería de Política Social, comezaron a pasada semana no Centro de Información ás Mulleres (CIM) uns obradoiros de competencias dixitais básicas dirixido a mulleres, que continuará durante este mes.
Neles explicaranse temas como a xestión de arquivos e almacenamento na nube, a navegación por internet, a comunicación a través de diversas ferramentas, aplicacións para a vida diaria, seguridade na rede, redes sociais, xestións telemáticas ou a busca de traballo, entre outras moitas cuestións.
📣🌿 PROGRAMA DE ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS EN CABO UDRA PARA SETEMBRO

Dado o gran éxito do verán, o Concello de Bueu continuará durante todo o mes coas actividades medioambientais en Cabo Udra, con propostas para todas as idades.

As actividades son impartidas por Alados, e contan co financiamento do GALP Ría de Pontevedra.

Bulide xa a anotarvos 👇

https://concellodebueu.gal/a-aula-da-natureza-de-cabo-udra-continua-en-setembro-coas-actividades-medioambientais/
📚📖 APERTURA PROVISIONAL DAS AULAS DE ESTUDO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL TORRENTE BALLESTER 

▪️ O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura e bibliotecas, abrirá provisionalmente a partir do 23 de setembro a Biblioteca Municipal Torrente Ballester, concretamente as aulas de estudo. Dende o consistorio habilitaranse algúns espazos das instalacións situadas no Parque Ramal dos Galos para que as persoas que o desexen poidan estudar. Así mesmo, tamén continúan abertas as bibliotecas de Cela e Beluso nun horario diferente.

▪️ Así, na Biblioteca Torrente Ballester abriranse as aulas de estudo a partir do 23 de setembro en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Pola súa banda, en Cela, tamén a partir do 17 de setembro, o horario de apertura será os martes e xoves de 10.00 a 13.00 horas, e tamén se habilitará un servizo de préstamo por teléfono; e no caso de Beluso, a partir do 16 deste mes, a biblioteca estará aberta entre as 16.15 e as 20.00 horas, de luns a venres.

Na nosa web deixamos ligazón con toda a info 📜📜
📽️🤹Un anaquiño do gran espectáculo onte de Kote Malabar con "Cirkote" na Praza Massó.

Que ben o pasamos!
🎶🎉 RETROUSO CELEBRA 25 ANOS

☑️ Este sábado, 10 de agosto de 2024, celébrase a XIX edición do Festival Retrouso, no eirado de Cela (Bueu), a partir das 21 horas. O motivo de recuperar o formato de Festival tras da pandemia é a conmemoración dos 25 anos da Asociación Cultural Retrouso, co gallo do cal a primeira parte do evento será unha Gala especial 25 aniversario, seguida dun concerto do artista folk Xurxo Fernandes, co seu espectáculo “Levaino!”.

Carmen García, concelleira de cultura, estivo presentando o evento canda os representantes de Retrouso.
Animámosvos a tod@s a encher o sábado o Eirado. Vai ser unha gran festa!! 

Toda a info na nosa web (LIGAZÓN NA BIO)
📣🌊 XORNADAS 'O MAR POR DIANTE'

☑️ O Concello de Bueu e o grupo ‘O mar por diante’ organizan o ciclo de conferencias ‘Tempo de lecer’, que se celebrará todos os mércores de agosto ás 20.30 horas no Centro Social do Mar, e que busca poñer en valor a historia da vila así como recuperar as súas voces culturais, artísticas e literarias ao longo do tempo. 

☑️ A iniciativa, que naceu hai seis anos, segue a potenciar un dos seus eixes vertebradores: a reivindicación da cultura coma un antídoto terapéutico que sande e que nos faga reflexionar dende o entendemento e o diálogo. 

Tedes a info na web (LIGAZÓN NA BIO)