Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo cinema: «El corcel negro»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta o programa ‘Bueu Convida’, unha iniciativa de cinema na rúa que se poñerá en marcha varios días do mes de xullo ás 22.30 h na Praza Massó, e que busca achegar títulos para o público familiar. Dende a concellaría de cultura apóstase por esta actividade, moi demandada entre a cidadanía e que xa forma parte do calendario estival. Iso si, este ano adaptaranse as medidas de seguridade e hixiene por mor da Covid-19.

O 22 de xullo será a quenda de El corcel negro, unha película que conta a fascinación producida no mozo Alec por un misterioso cabalo árabe que é encerrado no establo dun barco no que viaxa co seu pai.