Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APARCADOIROS PÚBLICOS

Acceder ao plano esquemático en PDF de aparcadoiros públicos.

Pode acceder á localización en Google Maps, de cada aparcadoiro, pulsando no número do aparcadoiro no plano en PDF.

Agora en Bueu

Imáxes de actualidade

🌸🌹 CARTEL DA FESTA DAS ALFOMBRAS FLORAIS DO CORPUS DE BUEU 

☑️ A menos dun mes para a celebración, o Concello de Bueu presentou este venres o cartel oficial da Festa das Alfombras Florais do Corpus 2024, nun acto no que estiveron presentes Carmen García, concelleira de cultura, Marc Taeger, artista que deseñou o cartel, e diversos alfombristas.

☑️ O cartel deste ano foi elaborado polo artista local Marc Taeger e reflicte o espírito colaborativo desta festa que conta cunha historia de máis de cen anos de antigüidade, e que foi declarada como de Interese Local no ano 2002 e, desde o 2017, tamén Festa de Interese Turístico Galego pola Axencia Galega de Turismo. Carmen García destacou que “o que queremos é poñer en valor o traballo colaborativo e de unión de todo un pobo ao longo do tempo, motivo polo cal estamos traballando nunha exposición de fotos antigas no adro da igrexa”.

☑️ Marc Taeger explicou que “co cartel búscase homenaxear ás xentes que durante tantos meses traballan na preparación e elaboración das alfombras”. De feito, a imaxe reflicte a diferentes persoas que fan tarefas como recollida da flor e do material, a preparación do mesmo e a confección das alfombras. Para levar a cabo este deseño, Taeger baseouse en fotos antigas grazas ás que tirou a conclusión de que “o importante da festa son as persoas”, e que no cartel se expresan con diversas cores “de xeito que existen moitas interpretacións”.
📣 PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2024

☑️ O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura, presenta un amplo e variado programa para celebrar as Letras Galegas 2024, no que se insiren propostas musicais, cinematográficas e literarias, un concerto da mítica banda Dakidarría ou a tradicional Romaría das Letras de Sanamedio.

☑️ Este mércores ao mediodía celebrouse a rolda de prensa de presentación da programación, na que estiveron presentes Carmen García, concelleira de cultura, mocidade e normalización lingüística, e representantes dos colectivos colaboradores. 

☑️ Carmen García salienta que “o que buscamos é poñer en valor a lingua galega en todas as disciplinas artísticas e tamén visibilizar a Luísa Villalta, figura homenaxeada este ano”. Por iso a programación abranguerá todo o mes de maio por diversas localizacións da vila e con atención a varios públicos. 

Na web tedes a info completa na web (LIGAZÓN NA BIO)
📣 III Festival Solidario e Artístico Art For Change

Este sábado, o Parque Ramal dos Galos e a Biblioteca Municipal Torrente Ballester vivirán unha xornada artística e solidaria no III Festival Art for Change, organizado polo Concello de Bueu e o IES Johan Carballeira e no que participa a comunidade educativa da vila e diversas asociacións.

Convidámosvos a participar, xa que vai ser unha xornada moi interesante e divertida dedicada á cultura celta.

Aquí vos deixamos o programa ⬇️⬇️

https://concellodebueu.gal/eventos/iii-festival-artistico-solidario-art-for-change/
📚 23 de abril, Día do Libro

Vivan os libros que nos abren mundos.
🐙 XORNADAS DE EXALTACIÓN DO POLBO DE BUEU 🐙

O Concello de Bueu, coa colaboración da Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu e a hostalaría da vila, promove as “Xornadas de Exaltación do Polbo de Bueu”, un evento gastronómico e de promoción do produto local que se celebrará do 26 de abril ao 5 de maio e no que participarán trece establecementos culinarios.

Ao longo desa semana, as persoas que se acheguen poderán gozar de arredor dunha vintena de especialidades elaboradas polos restaurantes da vila co polbo como protagonista, dende o tradicional ‘polbo á feira’ ata propostas máis innovadoras.

Na nosa web tedes o programa e toda a info (ligazón na BIO)
📣📚 XOSÉ LUÍS MOSQUERA CAMBA E LOIS PÉREZ DÍAZ, GAÑADORES DOS PREMIOS JOHAN CARBALLEIRA 

Xosé Luís Mosquera e Lois Pérez Díaz son os gañadores dos Premios Johan Carballeira convocados polo Concello de Bueu. Os xurados, reunidos este luns pola tarde, acordaron conceder o premio na categoría de poesía a Xosé Luís Mosquera coa obra "Trece maneiras de mirar un almanaque"; e a Lois Pérez Díaz coa reportaxe ‘Eloxio do apenovismo’, publicada orixinalmente na revista Luzes.

PARABÉNS!!